How to arrive

23/03/2011

Plenary lecture/comunicación plenaria: "Consciencia da marxinalidade: marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última"

Martes, 26 de abril
Comunicación plenaria de Isaac Lourido Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) sobre
 
"Consciencia da marxinalidade: 
marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última" 
 
O obxectivo da comunicación é analizar as marcas con que se manifesta a ideoloxía libertaria en determinadas poéticas manifestadas na última década. Particularmente naquelas que carecen de avais institucionais (editorial, crítico, académico) dentro do sistema literario galego e que, por iso mesmo, apostan en disposicións enunciativas, discursivas, pragmáticas e de difusión distintas das hexemónicas. Cuestións específicas que serán abordadas atinxen os modos e as funcións con que o épico penetra nestes discursos; a funcionalidade desenvolvida por suxeitos colectivos; o referente-mundo que comparece no poema; a dialéctica estabelecida cos repertorios temático-ideolóxicos do nacionalismo, constituíntes de distintos centros que poderían ser conceptualizados para o sistema poético galego; ou o recurso a formas de produción e difusión que, materializadas na publicación colectiva e on-line, na aposta pola poesía multimedia e na representación oral, funcionan como alternativas á fórmula que garante maior consagración (a publicación impresa dun libro individual). A produción de Samuel L. París, Manolo Pipas e Alfonso Rodríguez/Minus Bálido (tamén no núcleo de creación que forma con Adri) serve como base para esta primeira exploración.
 
Isaac Lourido Hermida é investigador contratado na Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GAAP e colaborador do proxecto poesiagalega.org.

17/03/2011

Espectáculo poético: Merendacea



Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía pero non o recital de poesía ao que estás afeito, senón algo máis. Nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito humor. E tal vez unha escasa dose de solemnidade, necesaria aínda non sabemos moi ben para que.
 
Na primeira sesión de Merendacea poñerán poesía, e outras cousas, Ledicia Costas e Ledicia Costas; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde; María Reimondez e o titiriteiro Borxa Ínsua. O indefinible dúo eléctrico IgMig encargarase da parte musical que recomendamos non perder, e as poetas María Lado e Lucía Aldao oficiarán de presentadoras desta singular noite.

Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso producido polo museo Verbum Casa das Palabras de Vigo

16/03/2011

Plenary lecture/comunicación plenaria: “History and Poetry: Re-telling History Poetically and ‘from below’ in Alterglobalisation Literature”

Tuesday, April 26
Plenary lecture by Cornelia Gräbner (Lancaster University) on
“History and Poetry: 
Re-telling History Poetically and ‘from below’ in Alterglobalisation Literature”

This paper explores the interaction of historical and poetic discourses in literary rewritings of History in literature, within the context of alterglobalization literature. The analysis presented here forms part of a wider research project on the role of poetic language in the literary articulation of imaginaries of alternative globalization. The re-invention of political language through poetic language is crucial to the work of many writers and musicians who have an affinity with the so-called ‘alter-globalization movement’, for example José Saramago, Eduardo Galeano, or Subcomandante Marcos. Literature and also journalism here come to replace the - ethically compromised - political arena as the location of this re-invention. The re-writing of History is one important component of this overall project, because the way in which it is done contests the teleology and linearity of historical narratives that  are tied in with notions of modernization and neoliberal globalization. As a concrete example, I will focus on texts by Eduardo Galeano, José Saramago, and the Subcomandante Insurgente Marcos. Stylistically, these texts are characterized by the use of bricolage, through the combination of stylistic elements taken from historiography, journalism, and storytelling; and filtered through poetic language. Their use of bricolage reflects the multiplicity of experiences and realities that form the basis for a poetic telling of ‘History’ which highlights the experience of ‘those from below’ and which filters narrativity through poetic language.

Cornelia Gräbner is Lecturer in Hispanic Studies at the Department of European Languages and Cultures of Lancaster University. She recently edited (together with David M.J. Wood) the special issue of Cosmos & History on "The Poetics of Resistance" (Vol. 6, No 2). Other recent publications are:   
 (2011) Performing poetry : body, rhythm and place in the poetry performance. Thamyris . Rodopi, Amsterdam. (In Press)
 (2010) Four paths five destinations : constructing imaginaries of alter-globalization through literary texts. Cosmos and History : the Journal of Natural and Social Philosophy, Specia. ISSN 1832-9101
 (2009) Lenguaje, Resistencia y Sociedad Global Civil. Confines: Arte y Cultura desde la Patagonia, 19. pp. 4-5.
 (2009) Paco Ignacio Taibo II. The Literary Encyclopaedia.
 (2008) The Poetics of Performance Poetry. World Literature Today, 82 (1).
 (2007) Here to Stay : the performance of accents in the work of Linton Kwesi Johnson and Lemn Sissay. In: Constellations of the transnational : modernity, culture, critique. Rodopi, Amsterdam, pp. 51-68. ISBN 9789042021198

15/03/2011

“Intimidad y sujeto público en la escritura poética”


ANUNCIO DE SEMINARIO

“Intimidad y sujeto público en la escritura poética”

Profesora Laura Scarano
(Universidad Nacional de Mar del Plata/Arxentina)

Luns 21 de marzo 2011. Horario previsto: 11:30 - 13:30 h.
Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía, Sala de Videoconferencias

[Hai posibilidade de conexión con outro centro se existe interese: só habería que indicar o IP para a conexión, contácten con arturo.casas@usc.es]

13/03/2011

Plenary lecture / comunicación plenaria: “A poesía non lírica no actual sistema de xéneros“


Martes 26 de abril – Tuesday, April 26:

“A poesía non lírica no actual sistema de xéneros“
(Arturo Casas, Universidade de Santiago de Compostela)

A comunicación busca delimitar en sentido semiótico-cultural o lugar, funcións e relacións da poesía non lírica no sistema de xéneros vixente tras a modernidade. A este fin presentarase un esquema de carácter xeral sobre ese macrosistema desde unha perspectiva pragmática que comezará por poñer en cuestión a propia doxa estética da modernidade. Este esquema combinará unha teoría da enunciación literaria e unha análise sobre as atribucións socioculturais da literatura e da arte no mundo actual. En tal análise comparecerán como factores centrais a subxectivación, a mediación, a ficcionalización e a espectacularización. A poesía non lírica estudarase neste marco como unha modalidade discursiva desestabilizadora e transversal que se constitúe como algo diferente a unha simple refutación das variantes líricas do discurso poético. Asemade, insistirase na imposibilidade dunha comprensión e unha análise da discursividade non lírica en tanto proceso cultural emerxente á marxe da consideración holística e sistémica da xenericidade posmoderna.

Arturo Casas Vales dirixe o Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) na Universidade de Santiago de Compostela e é investigador principal do proxecto El discurso no-lírico en la poesía contemporánea: espacios, sujetos, hibridación enunciativa, medialidad, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e que foi o punto de partida do I Congreso Internacional DINOLIPOE.

02/03/2011

The Poetics of Resistance

A special issue on "The Poetics of Resistance"

in Cosmos and History - The Journal of Natural and Social Philosophy,Vol. 6, No. 2 (2010), 

edited by Cornelia Gräbner and David M. J. Wood, is now online, at



Cornelia Gräbner (Lancaster University) will talk at the I Conference on Non-Lyric Discourse in Contemporary Poetry about "History and Poetry: Re-telling History Poetically and 'from below' in Alterglobalisation Literature".